CV Comunicación e audiovisual

  • 2022-2023 | Radio Galega
    Produción de programas na Radio Galega, a radio pública de Galicia. Traballei en programas como A Crónica, A Tarde, Convivir, Galicia en Goles, Ao Contraataque, Diario Cultural, Zeta...
  • 2021-2022 | Real Academia Galega
    Creación de contidos audiovisuais (fotografía, vídeo, deseño e retoque gráfico, emisións en directo...) e apoio no departamento de Comunicación da Real Academia Galega e da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.
  • 2021 | As músicas dos vinte
    Gravación e posprodución de son para o programa "As músicas dos Vinte", formado por 5 capítulos con entrevistas e actuacións acústicas de artistas emerxentes galegas.
  • 2021 | The Production Club S.L.
    Axudante de produción en localización para un spot para a SEAT internacional.
  • 2020-2021 | Marexada, deporte, lecer e cultura S.L.
    Dirección, gravación e edición de "Pontexogos TV", programa infantil de 17 capítulos de arredor de 20 minutos distribuído por internet. A maiores, realicei varios vídeos para campañas institucionais que leva a empresa: varios karaokes, personaxes animadas dialogando e movementos 3D sobre unha banda deseñada. 
  • 2019 | Lúa ideas y estilo de vida S.L.
    Operador de son directo para o programa de "Galicia Bonita", para TVG.
  • 2017-2020 | Sesións Destelo
    Creación das Sesións Destelo, un proxecto de divulgación da música galega a través de sesións musicais acústicas rexistradas en vídeo e difundidas a través da rede. Produción, gravación (imaxe e audio), edición e promoción das mesmas, así como creación e xestión do sitio web, das redes sociais e de toda a identidade e elementos gráficos do proxecto.
  • 2018-2020 | OUFF en Curto
    Lanzamento, produción e coordinación da sección de curtametraxes do Festival de Cine Internacional de Ourense.
  • 2016-2019 | XC-CURTASoPRIMA
    Produción e coordinación do certame de curtametraxes para autores noveis das XOCIVIGA (as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia) de O Carballiño.
  • 2017-2018 | Telemiño
    Operador de cámara para informativos e para tódolos programas de produción propia da canle de televisión local Telemiño, tanto en plató como en exteriores. Tamén levei a cabo tarefas de realización, edición e streaming, así como tarefas auxiliares puntuais en practicamente tódolos eidos relacionados coa televisión e co audiovisual.
  • 2016-2017 | TELTEK Video Research, S.L.
    Produción e realización para as canles de contidos audiovisuais da Universidade de Vigo: UvigoTV e CampusdoMarTV. Gravación, streaming, edición e publicación web de clases, charlas, eventos, reportaxes e spots. Manexo de elementos técnicos (mesas de son e realización) e utilización de plató virtual. Posprodución dixital de contidos.
  • 2017 | Triatreros Teatro
    Creación de contidos audiovisuais para o espectáculo e técnico de proxeccións, luces e son ao vivo no espectáculo de improvisación Impronews.
  • 2016 | Atresmedia
    Gañador do “Proyecto Mañana”, cuxo premio foi traballar na realización de contidos do departamento multimedia de Atresmedia. Gravación e edición de múltiples contidos para web: entrevistas, making-of, reportaxes…
  • 2015 | Vento Ferido
    Guión e dirección da mediametraxe "Vento Ferido", inspirada na obra de Carlos Casares.
  • 2012-2015 | Compostimes.com
    Redacción, fotografía e publicación de crónicas, críticas e reportaxes na área cultura de Compostimes, revista en liña.
  • 2012 | Televisión de Galicia
    Bolseiro de produción no programa informativo “Reporteiros” de TVG.

Grandio.gal | Comunicación audiovisual & educación