Fun monitor do programa
Xunt@s polo nadal 2019 na Residencia de Tempo Libre de Panxón entre a previa do nadal do 2019 ata o pasado o día de reis de 2020. Este programa da Xunta de Galicia ofrece unha alternativa a 120 persoas maiores que viven soas para
pasaren unhas festas diferentes, cheas de actividades, diversión e boa compaña.
O monitorado encargámonos de dinamizar e botar unha man en todo o posible para que a estancia durante esas festas sexa o máis agradable posible. Algunhas das actividades que levamos a cabo foron paseos, ximnasia, xogos de mesa, cinema, concertos, baile, bingo, campionatos de cartas e diversos obradoiros, entre outras.