Así como
en anos anteriores, en 2019 volvín ocuparme da organización do XC-CURTASoPRIMA, o concurso de curtametraxes das das
XOCIVIGA (
Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia). Nesta ocasión, e dada a nova forma de inscrición, ademais de promocionar a inscrición no certame, coordinar o mesmo e escolmar as obras recibidas, realicei tamén
un micrositio web e un vídeo para axudar no proceso.