Durante un ano dediqueime á realización de contidos para os portais audiovisuais en liña da Universidade de Vigo: Uvigo TV e Campus do Mar TV. As tarefas alí realizadas eran moi variadas, incluíndo a gravación, a emisión en streaming, ou a edición e publicación web de clases, charlas, eventos, reportaxes e spots. Nesta etapa tiña manexo case diario de elementos técnicos como cámaras e microfonía, mesas de son e realización ou mesmo platós virtuais. Tamén me encargaba da posprodución dixital de vídeo e audio do contidos, incluíndo motion graphics nalgúns casos.