Traballei durante un ano na televisión local de Ourense,
Telemiño. Durante este tempo fun
operador de cámara ENG do informativo diario
e tamén de todos os programas producidos pola cadea. Nesta etapa gravei para os seguintes programas: Noticias Ourense, Boca a boca, El rompecabezas, Xornal Escolar, De festa en festa, No verán a xogar, Cousas de comer, Propiedad creativa, Sin cita previa, Leer es un placer, Zonas vivas, Ourense Empresarial, De compras, Rueiro, GOU, Educando, +Deporte semanal, Especiales, Foros LR, Conciertos LR. Tamén gravei ducias de spots nos comercios da cidade.
Fun responsable da emisión de diversos
streamings de eventos para o sitio web de
La Región e participei na realización de
retransmisións en directo con unidade móbil. Por último, e segundo as necesidades do traballo, tamén fixen puntualmente
tarefas de edición e realización.