As
Sesións Destelo son pequenos
vídeos musicais de cancións en galego interpretadas por grupos dos máis diversos estilos. Pequenas sesións directas, acústicas e sen demasiado artificio, e en lugares do máis curiosos. Trátase dun proxecto levado a cabo integralmente por min: dende a produción e o rexistro das mesmas ata a difusión no sitio web e nas redes do proxecto, así como tamén o desenvolvemento da súa imaxe gráfica.