Durante as vacacións de nadal de 2020 o Concello de Pontevedra decidiu darlle unha volta a
Pontexogos, unha das súas actividades de nadal máis senlleiras, e ofrecer contido educativo e de entretemento a través dunha especie de
programa de televisión en liña:
Pontexogos TV.
Pontexogos TV está formado por 17 episodios duns 20 minutos de duración cada un, aproximadamente, onde a rapazada pontevedresa pode atopar experimentos científicos, obradoiros de manualidades, consellos de saúde, reportaxes sobre a cidade e receitas de cociñas. A maiores, ofrécense pequenas seccións diarias con preguntas na rúa, curiosidades sobre o nadal e retos virais.
Neste proxecto ocupeime da
dirección audiovisual, así como de prácticamente todos os aspectos técnicos: dende a propia
gravación ata a
edición dos programas, pasando polo deseño de
motion graphics e a creación da
cabeceira, tanto da música como do vídeo.