O Pergamiño Vindel, datado entre finais do século XIII e comezos do XIV, é un documento histórico de enorme valor por conter as sete cantigas de amigo de Martín Codax. Este documento, que está en Nova York de forma permanente, puido ser visitado en Vigo entre outubro do 2017 e marzo do 2018, e como conmemoración dese fito realizamos este vídeo, no que fun axte. de fotografía/axte. de produción.