No 2020 ocupeime
por terceiro ano consecutivo da coordinación do
OUFF en Curto, o certame de curtametraxes do
Festival de Cine Internacional de Ourense. Durante os meses previos, e durante a celebración do propio festival, desenvolvín moi diversas tarefas de produción relacionadas coa difusión, organización, coordinación de contactos, selección de filmes, xurado, e outras tantas.