Na edición 2019 do
OUFF (
Ourense Film Festival) fun,
por segundo ano consecutivo, coordinador do
OUFF EN CURTO, un concurso de curtametraxes galegas e videoclips: entre as tarefas que desenvolvín está a promoción do concurso, a coordinación co xurado, a selección das curtametraxes, a produción de campo e o contacto coas persoas participantes. Tamén realicei o cartel e a presentación e dinamización das sesións de proxección, apoiado por outras persoas do equipo.