Na edición 2018 do
OUFF (
Ourense Film Festival) fun coordinador de dúas seccións que eran novidade nesa edición.
A primeira delas é o OUFF EN CURTO, un concurso de curtametraxes galegas: neste caso, xunto cunha compañeira, ocupeime da promoción do concurso, da selección das curtametraxes e do contacto coas persoas participantes. Así mesmo tamén fixemos a distribución de horarios das obras e a presentación das sesións de proxección.
En canto á meirande novidade, o FAS MUVIS (un concurso de realización de curtas exprés), fun tamén coordinador de todo xunto con dous compañeiros. Fixemos dende o desenvolvemento das bases ata o contacto, a selección do xurado, a supervisión e a realización do propio concurso.