Desde o País de Faro a Guitiriz. Os Liviao de Marrao deron un memorable concerto no XXXVII Festival de Pardiñas o día 6 de agosto de 2016 que podemos recordar con esta videomontaxe do seu tema Viana Manifest, incluído no seu último disco "Que cada cão lamba a sua caralha" (2015).