Na súa 3ª tempada, o espectáculo de improvisación teatral
Impronews, dos
Triatreros, decidiu dar un paso adiante e facelo máis espectacular, máis televisivo. Para iso decidiron elaborar unha serie de pequenas pezas cómicas intercaladas no espectáculo, das cales me tocou ocuparme. Tamén estiven a cargo da iluminación de escenario e do control da mesa de son.