En 2019
repetín como monitor do
Campo de Voluntariado Internacional de Cerdedo-Cotobade, que volveu ser de temática audiovisual e que xiraba arredor do lema "
A muller é vida". Nel, ademais das tarefas habituais de monitorado de tempo libre e de formación audiovisual (en inglés e español), coordinei xunto cos meus compañeiros e compañeiras, a gravación da curtametraxe documental "
Coma min, moitas", que xira arredor do empoderamento e da situación da muller rural.