O 25 de abril conmemórase a
Revolución dos Caraveis, que celebra o levantamento popular e militar de 1974 que conseguiu pór fin á ditadura portuguesa e traer a democracia. A figura de
Zeca Afonso é un símbolo desa revolución, xa que un dos seus temas, o
Grândola, Vila Morena, foi o sinal para o comezo da mesma.
En 2020, e dada a situación de reclusión mundial por mor do
COVID-19, a celebración deste evento foi virtual. Dende a
Associaçom José Afonso quixeron render homenaxe ao Zeca a través dun vídeo onde Jasper, da banda Nao, versiona o
Canta, camarada, de Zeca Afonso, ao tempo que saca á luz unhas imaxes inéditas do José Afonso por Compostela. Da edición dese vídeo ocupeime eu.