O Campo de Traballo Internacional "Un rural de cine" foi un campo de traballo dedicado ao audiovisual nun contorno rural. Neste traballo encargueime da coordinación do apartado técnico, así como das tarefas habituais dun monitor de tempo libre. Tamén se impartiu docencia e se levou a cabo, entre outros, o proxecto documental que encabeza este artigo.