Durante o verán de 2019 traballei de monitor de tempo libre no campamento de Candilexas (Espiñeira, Boiro). Durante tres quendas ocupeime, xunto co resto do monitorado, de 100 nenos e nenas procedentes de toda Galicia e con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos. Malia a dureza deste tipo de traballos, que requiren dunha concentración absoluta durante todo o día e parte da noite, e a responsabilidade que implica, foi unha experiencia moi enriquecedora e apaixoante.
O campamento estaba centrado nas artes escénicas e circenses, e algunhas das actividades que desenvolvimos alí foron, entre outras: teatro, circo, caracterización, danza, maxia, percusión, arte na natureza, láser x, ximnasia acrobática, xogos de aventura, tiro con arco e excursións.