Ola! Como vai?

Preséntome: son Miguel Grandío. Dedícome aos eidos da comunicación e do audiovisual dende hai varios anos, e tamén son docente. Amais, traballei en múltiples ocasións nos campos da educación non formal, do ocio e do tempo libre.

Malia que gusto da parte técnica, apaixóname especialmente o aspecto social, cultural e educativo do meu traballo. Creo no potencial da colaboración humana, e, entre outras cousas, procuro tamén a defensa da sostibilidade medioambiental e o dereito á privacidade.

Que fago?

Comunicación Audiovisual

Levo traballando profesionalmente no sector audiovisual dende 2015. En todo este tempo toquei moitos eidos do mesmo: televisión, radiovídeo, streaming, fotografía, son, deseño gráfico, xornalismo, web...

Educación e Tempo Libre

Creo na educación como motor de cambio, por iso son profesor de Formación Profesional. Traballei tamén en iniciativas de educación non formal, ocio e tempo libre, con rapazada, mocidade, persoas maiores e persoas con discapacidade.

Grandio.gal | Comunicación audiovisual & educación